“A longa espera” – José Manuel Pena

10 Xaneiro 2025

Continúan morrendo persoas mentres se atopan en lista de espera para o recoñecemento da Dependencia, por parte da Xunta de Galicia. Algunhas familias humildes seguen a sufrir carencias e penurias, con membros discapacitados, mentres pasan os meses e non chegan as axudas á Dependencia. Tardan moito en poder gozar as axudas institucionais para o coidado do seu fillo, do seu pai, nai ou irmán, por culpa da burocracia administrativa da Xunta de Galicia.

Morren, antes de que lles cheguen as axudas demandadas e que realmente lle corresponden. Unha longa espera, a pesar da propaganda política, e continúan sentíndose indefensos e insultados pola Administración autonómica. A Xunta, presume da boa xestión e da axilidade nos tempos de atención e resolución pero a realidade demostra todo o contrario.

Por outra banda, segundo algúns expertos do Terceiro Sector e profesionais sobre Política Social, tamén critican o pouco interese en tramitar as rendas activas de inserción a favor da prestación do Ingreso Mínimo Vital, que depende do Goberno do Estado, ao obxecto de evitar o correspondente custo económico para as arcas autonómicas. Cando medra o número de familias vulnerábeis ou pobres, en Galicia, a Xunta dedícase a recortar servizos sociais.

A Dependencia e as axudas e prestacións sociais son piares fundamentais do Estado de Benestar e a responsabilidade no seu cumprimento é das Administracións Públicas. Para iso hai que crer no público e algo menos na iniciativa privada que unicamente beneficia a uns poucos, xeralmente os máis privilexiados.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.