A estampa: “Salitre no sangue e ósos coma toxo: o mar, a leira de cada día”. Antón Luaces

06 Xaneiro 2025

  O de Cariño é un porto recolleito entre O Peiral e a praia da Basteira cuxa entrada marca de lonxe o fanal que coroa o faro do cabo de rocha antiga e maxestosa do Ortegal. 

Cando coñecín a Elías, aló polos anos 50 do século pasado, ambos os dous eramos uns rapazolos que comezabamos a vivir el dende o lugar do Outeiro cos seus pais e irmáns, eu

no da Cruz, na parroquia da Pedra (daquela concello de Ortigueira; hoxe en día, do de Cariño), con meus pais pais, avós e tía, ata que meu pai tomara posesión en Ribeira do seu posto de traballo na administración de Correos. 

Elías era dous ou tres anos maior ca min. Serio, baril, afeito a traballar na terra e no mar dende unha idade temperá, respostaba a todo cunha seriedade propia dunha persoa maior. 

Con raño, sacho, fouce, fouciño, lampo sempre saía de Elías unha resposta positiva a  canto del se demandaba en e na terra. No mar, a bordo dunha tarrafa, daba o cento por cento do que del se agardaba, sempre atento dende o Outeiro aos sinais (“marcas”) do armador que indicaban se habería ou non marea. Se o sinal era positivo, Elías alistaba as zocas, o carabel (un cestiño moi socorrido entre os mariñeiros cariñeses), unha roupa axeitada ao tempo que facía, algo que xantar e beber e gañas, moitas gañas, dunha boa marea. E a fe que as fixo, porque Elías era, amáis, un excelente mariñeiro. Fóino sempre, ata a súa xubilación, tentando adiviñar se o tempo valería ou non para ir ao mar.

Sempre tivo en conta a negra historia da morte de 14 homes de entre 16 e 45 anos na traxedia da Cova, vai un século, na que afundiron tres embarcacións: “Dos Amigos”, “Remedios” e “María Andrea”.    Foi o 26 de novembro de 1924, data na que zarparon de Cariño -aínda sen porto de seu- 23 barcas (pericas) con 138 homes a bordo para pescar xarda. A forte galerna pillounos sorpresivamente cando a práctica totalidade das lanchas e barcos se atopaban preto da Cova.

Ben, moi ben coñecía Elías esta historia que tantas veces escoitara a seu pai e seu tío, ao igual ca el mariñeiros e labradores. E cada vez que saía ao mar contemplaba -talvez con oración incluída- a costa do Ortegal cara a onde, un día, comezaran a aparecer mortos. 

Nunca esquecería este feito, que nos relataba nunha ocasión con motivo da celebración na Pedra da festa de Nosa Señora, patroa da nosa aldea. 

Durante a narración que facía, meu amigo ollaba ao lonxe, como querendo localizar a alguén que poidese faltar na lista de sobreviventes. Calou. Tomou un grolo de viño e, como desculpándose, dixo que xa nos  veriamos pola tarde porque tiña que facer non lembro que na corte da casa.

Polo menos diante de min nunca máis falou Elías de aquel tristeiro acontecemento que abateu de tal xeito ao pobo de Cariño que, pasados xa pouco máis dun cento de anos do suceso, nen as novas xeracións de mariñeiros cariñeses esquecen que aquel 26 de novembro de 1924, 138 homes poideron perder as súas vidas por unhas poucas toneladas de xarda ás once da mañá, cando na Cova se desencadeou toda a furia dunha galerna nunca máis repetida na costa do Ortegal.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.