A ESTAMPA: “Reinaldo, mariñeiro para todo que gabeaba as laranxeiras” – Antón Luaces

21 Xaneiro 2025

Así como tiña o convencemento de que si había limoeiros e, polo tanto, limóns de pel grosa e recendo intenso en Galicia, ata que o comprobei cos meus ollos nunca souben que Galicia -as Rías Baixas, nomeadamente- era -é- terra de laranxas, tamén estas de pel grosa e máis acedas que as procedentes do Mediterráneo. Ribeira, sen irmos máis lonxe, tiña no seu territorio municipal bo número de exemplares de laranxeiras pertencentes a veciños que xa as herdaran de seus pais e talvez avós.

De robusto tronco, conformaban case todos eles amplas copas duns dez ou doce metros de diámetro, de cuxas pólas penduraban douradas laranxas que desprendían un moi agradable cheiro que os paxaros, nos seus constantes “asaltos” aos laranxeiros, espallaban pola horta na que as laranxas compartían escenario cos limóns, as castañas e as mazás ao longo dos anos.

Reinaldo, unha especie de criado para todo en casa de familia de armadores de pesca, era o encargado das colleitas de froita. Gabeaba polos troncos ata as pezas que pretendía acadar coma un verdadeiro simio. E unha vez na póla desexada, comezaba a baixar no interior dunha bulsa de rede aqueles exemplares de laranxa que semellaban estar máis dispostos para seren comestos.

A “operación” repetíase en cada tempada e con cada especie de froito. 

Era todo un espectáculo ver a Reinaldo agabeando -subir e baixar limpamente e sen axuda algunha- os troncos de laranxeiro, maciñeira, castiñeiro, etc. sen que ninguén dirixira o que tiña que facer. Sabíao por experiencia malia non ter máis aló de doce ou trece anos. Mentres agabeaba, asubiaba. E sentado dacabalo das pólas para traballar máis seguro, seguía asubiando. Só paraba de facelo cando tiña que atender o requirimento do patrón ou a dona deste, moitas veces para extraer auga do pozo de máis de dez metros de fondo mediante un balde pendurado a unha cadea que semellaba non ter fin.  E cando daba rematada esta faena comezaba a dos recados de atención aos tres barcos e o almacén no que se encascaban os aparellos, que desprendían cheiro a cocoa.

Xa polas primeiras horas da tarde comezaba o labor a bordo dos barcos da casa armadora, case sempre fondeados preto da rampla da fábrica de conservas Cerqueira. Reinaldo era dos primeiros en chegar (e o derradeiro en deixar o barco). Cando pescaban, cobraba en pesetas a súa “parte” e, nunha bulsa de tea de vichy a cadros azuis e brancos, levaba para a casa de seus pais a “chona” con peixe que serviría para cear (se viñan cedo do mar) ou para xantar ao seguinte día.

Así, agás no caso de mal tempo que o impedira, todo o ano. Criado e mariñeiro, mariñeiro e criado, ata que aos 19 anos, Reinaldo foi chamado pola Armada española para cumprir en Ferrol o servizo militar, no que reenganchou na Mariña coma cabo roxo e temonel sinaleiro do cruceiro “Canarias” porque, dixera un día, na Armada “podes facer gardas pero non se traballa”.

Outros artigos

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

+

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.