A Deputación destina 900.000 euros á limpeza de praias de 40 concellos da provincia
29 Xaneiro 2025
A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional do programa de limpeza de praias marítimas no 2025, a través do cal financia con 900.000 euros este servizo en 40 municipios costeiros da provincia.
A finalidade desta liña de axudas é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal dirixidos á limpeza de praias marítimas durante a tempada estival, que abrangue do 1 de abril ao 31 de outubro. Tamén se financia a compra de bens destinados a esta actividade, como a adquisición de vestiario, produtos de limpeza ou combustible.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que este programa, que “ofrece un importante apoio aos concellos para a conservación das praias e impulsa, xunto o programa de socorristas, a creación duns 300 empregos durante a tempada estival”.
O importe subvencionado varía en función da baremación, ponderada a través dos criterios obxectivos de superficie de praias e poboación de cada un dos municipios. Para estes datos téñense en conta as cifras recollidas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e polo INE. Deste xeito, as cantidades achegadas flutúan entre os 32.466,35 euros cos que se financiarán as limpezas de praias de Ferrol ou Carballo e os 6.768 euros cos que foron subvencionados, de xeito provisional, Corcubión, Neda e Outes.
Socorrismo en piscinas e praias fluviais
Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia tamén fai públicas hoxe as concesións definitivas do programa de socorrismo dirixido a concellos do interior da provincia, que conta cun financiamento de 305.398,61 euros a repartir entre as 46 solicitudes concedidas.
Neste sentido, a Deputación financiará os salarios dos e das socorristas que traballarán neste período estival nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais nos concellos sen costa. As achegas da institución provincial van desde os 3.918,76 euros (Vilarmaior) aos 9.900 (Oza-Cesuras), segundo as necesidades estimadas por cada concello.
Este programa, que se convoca cada ano, supón unha axuda fundamental para que os municipios poidan garantir a seguridade das persoas usuarias das súas instalacións acuáticas e areais fluviais. Xunto co programa de limpeza de praias, contribúe á contratación de máis de 300 persoas durante a tempada de verán na provincia.
O III Ciclo Cultural Infantil Itinerante impulsado polo Concello do Porto do Son (Concellaría de Cultura) prosegue esta fin de semana cunha nova actuación. Será este domingo 18 de outubro da man do pallaso Peter Punk na Casa da Cultura de San Pedro, a partir das 18.00...
Este venres 16, comezará con bancos de néboa en zonas do interior, ceos cubertos por nubes baixas na franxa norte de Galicia e nubes altas no resto do territorio. A medida que avance a xornada, a nubosidade irá a máis en toda a xeografía galega, dando paso a...
A medida non supón restricións automáticas no consumo, que continúan supeditadas aos niveis de escaseza de cada concello. Un total de 123 municipios contan con afectacións parciais ou totais: 32 permanecen en alerta e 91 en prealerta, mentres a conca do río Grande sae...
As obras, cun investimento estimado superior aos 6,1 millóns de euros, arrancarán en 2027 tras a redacción do plan técnico. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 19 de novembro para presentar as súas ofertas. A Xunta de Galicia deu este xoves o...
O "corpus" dos pensionjstas españois está conformado por 10 millóns de beneficiarios con pensións dun promedio xeral de 1.374,57 euros e unha media de 1.576,10 euros ao mes tendo en conta en ambos os casos o total a percibir anualmente, incluídas as pagas...
Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...