A Deputación apoia os concellos de Dodro, Rois e Lousame nos seus programas de envellecemento activo

20 Xaneiro 2025

A Deputación da Coruña destina este ano 280.556,49 euros a financiar programas de loita contra a soidade non desexada e actividades de envellecemento activo nos concellos de menos de 5.000 habitantes da provincia.

A institución provincial vén de publicar no BOP a resolución provisional da concesión das subvencións deste programa, no que foron aceptadas as solicitudes de 41 pequenos municipios coruñeses, que recibirán importes de entre 3.990 e 7.000 euros para o sostemento destas iniciativas.

Con estas cantidades subvencionaranse o desenvolvemento de proxectos de intervención social comprendidos por unha ou varias actividades dirixidas a persoas maiores de 65 anos cuxa finalidade sexa fomentar o seu benestar físico, social e emocional. Ditas actividades poderán desenvolverse en espazos de uso público, de xeito individual ou grupal, pero tamén no domicilio das persoas usuarias como atención de carácter complementario do servizo de axuda no fogar (SAF), fisioterapia ou terapia ocupacional.

A Deputación quere “apoiar economicamente aos concellos máis pequenos e rurais da provincia para a posta en marcha ou o mantemento de programas de prevención do deterioro físico ou mental das persoas maiores, na estimulación cognitiva ou no fomento de hábitos saudábeis”, segundo fixo saber a deputada de Política Social, Mar García Vidal, que engadiu que tamén poden financiarse iniciativas municipais de loita contra a soidade non desexada, como actividades interxeracionais ou de voluntariado con maiores.

Este programa da Deputación súmase a outras liñas de investimento na área social, como o POS Social, que neste ano 2025 destina 7 millóns de euros para reforzar os servizos e programas de axudas sociais dos concellos, en función necesidades específicas de cada un.

Entre os concellos destinatarios destes recursos atópanse o de Dodro, que recibirá 7.000 euros polos obradoiros de envellecemento activo e de memoria; e o de Lousame, que tamén percibirá 7.000 euros para actividades de promoción da autonomía persoal e de prevención da dependencia. A mesma cantidade irá dar ao concello de Rois polo seu programa Non envellezas en soidade.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...