A cativada de Padrón gozou dunha tarde máxica con Melchor, Gaspar e Baltasar

05 Xaneiro 2025

O Concello de Padrón viviu este domingo, 5 de xaneiro, unha das citas máis especiais do ano coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis. As Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron varias rúas da vila nunha comitiva que conseguiu que nenos e nenas, xunto coas súas familias, desfrutasen dunha tarde chea de emoción e alegría mentres a choiva concedía algunha tregua nesta xornada tan especial.
A cabalgata comezou na avenida de Compostela e percorreu puntos emblemáticos como As Lágrimas e o paseo do Espolón, deixando ao seu paso un rastro de expectación, música e aplausos. Durante o seu traxecto, os Reis Magos saudaron á veciñanza e compartiron doces e alegría coa xente que lles deu a benvida.
Un dos momentos máis destacados tivo lugar na igrexa de Santiago, onde Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron o tradicional Belén vivinte e participaron na solemne ofrenda ao neno Xesús, un acto que reforza o carácter simbólico desta festividade e o espírito de solidariedade e comunidade destas datas.
Posteriormente, as Súas Maxestades foron recibidas oficialmente polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, e pola Corporación Municipal no Concello. Na súa intervención, o rexedor agradeceu a visita dos Reis e expresou o seu desexo de que estean “cheos de agasallos e momentos inesquecibles para todas as familias padronesas”.


A festa continuou no polideportivo do Souto, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron as cartas e peticións da cativada, nun ambiente de proximidade e ilusión que fixo as delicias de pequenos e maiores. Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de vivir de preto a maxia
deste Nadal e compartir momentos únicos coas Súas Maxestades.
Con esta Cabalgata de Reis, o Concello de Padrón despide unhas festas do Nadal nas mesturou tradición e cultura e das que, grazas tamén á creación de espazos de encontro familiar, gozaron veciñanza e visitantes.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.