A borrasca Herminia supera as 1.200 inciencias en Galicia relacionadas coa meteoroloxía adversas

27 Xaneiro 2025

A provincia máis afectada está sendo a da Coruña, sobre todo a zona de Santiago

O temporal actual segue a afectar ao territorio galego, acumulando xa un total de 1.226 incidencias entre onte e hoxe, relacionadas cos episodios de meteoroloxía adverso e segundo os datos que se rexistraron no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

A maioría destas incidencias tiveron que ver con pólas ou árbores en estradas, con máis de 600. Por outra banda, os equipos de emerxencias tiveron que intervir ata en 149 ocasións para evitar riscos. O número de derrubamentos que se rexistraron alcanzou os 45, mentres que as incidencias en relación a cables nas vías ou estradas chegou ata 95.

A provincia máis afectada ata o de agora foi A Coruña (493), seguida da de Pontevedra (476). Con menor impacto do temporal están Lugo (178) e Ourense (77). Do mesmo xeito, os concellos que máis sufriron as adversidades da borrasca foron Santiago de Compostela e a Coruña con 42 e 25 incidencias rexistradas, así como Vigo e Pontevedra con 86 e 30. En Lugo, os municipios máis afectados foron Burela e Mondoñedo con 15 ambos, mentres que no Barco de Valdeorras rexistráronse un total de 4.

Durante esta noite ocorreron varios sucesos a destacar. O primeiro deles tivo lugar en Cabral, onde dous vehículos bateron na A-55. Afortunadamente non houbo danos persoais.

En Lalín, pouco despois das 20:00 horas, dúas persoas resultaron feridas logo de caerlle o tellado da súa vivenda enriba, na Avenida de Montserrat, polo que foi precisa a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Durante cómpre destacar un novo accidente de tráfico motivado polas accións do temporal, vinte minutos antes das 7:00 horas na Laracha: un coche bateu contra unha árbore que estaba a cortar a estrada. Porén, non houbo que lamentar danos persoais.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.