A ABE entrega os premios da Campaña de Nadal

10 Xaneiro 2025

A sede da patronal de Boiro acolleu a entrega de premios da Campaña do Nadal da ABE na que clientes, comerciantes e amigos ateigaron o salón de actos na asociación. O acto abriuno o presidente da ABE, Daniel García que destacou que “nos 30 días que durou a campaña rexistráronse na web da ABE, abe.gal, 6.822 tíckets e facturas e o sábado 4 bateuse o récord de rexistros nun so día con 565”. Engadiu que as 6.822 compras rexistradas supoñen “o récord absoluto de todas as campañas realizadas ata este momento superando en case 2.000 aos rexistrados na campaña do nadal do pasado ano”.

Actualmente conta con 4.017 usuarios activos que este ano rexistraron 33.885 tíckets de compra dos 207 negocios asociados.

Premios e premiados

A ABE compartiu en formato PDF o listado completo de persoas premiadas na campaña do Nadal.

Sorteo de 3 festas de aniversario

Ademais entregáronse os premios das tres festas de aniversario valoradas en 100€ cada unha sorteadas entre os centos de cartas que os cativos de Boiro depositaron na caixa de correos real.

Os gañadores foron:

Leo Alonso ( 9 anos)

Marcos (9 anos)

Daniela (4 anos)

Acto de entrega de premios e visita de Gabriel Alén

No acto de entrega de premios participou o director xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, que ademais de implicarse na entrega dos premios aproveitou para conversar cos comerciantes asociados sobre as liñas de axuda que a Xunta vai publicar este ano. Alén destacou que “a asociación de Boiro é unha das punteiras de Galicia e as actividades de promoción comercial que desenvolve están estre as mellor valoradas”. O director xeral puxo en valor iniciativas coma esta para dinamizar o consumo e as vendas locais en épocas prósperas como as festas do Nadal que veñen de rematar, destacando que nos 30 días que durou a campaña se rexistraron preto de 7.000 tíckets de compra. Animou á entidade a seguir desenvolvendo actividades deste tipo e destacou os seus 36 anos de traxectoria defendendo os intereses e futuro do tecido comercial boirense con outras accións como os bonos ABE que tamén apostan por mercar nas diferentes tendas espalladas pola localidade.

Para finalizar o acto o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, quixo “dar os parabéns aos premiados, comerciantes e ao traballo realizado pola ABE a prol da promoción económica de Boiro”.

Ao remate do acto serviuse un pincho e un viño momento no que comerciantes, clientes e representantes das diferentes administracións puideron compartir sinerxías.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.