A ABE agradece a contribución dos seus socios protectores e lembra que até o 31 está aberta a admisión de novas incorporacións

21 Xaneiro 2025

Imaxe do photocall e escenario dos Premios ABE 2024 cos logos dos socios protectores (premio a Lino Escurís)

A patronal boirense, a ABE, quixo rematar 2024 dando o seu agradecemento aos socios protectores que “coa súa contribución contribución axudan a seguir a senda de crecemento da asociación”. Trátase de JEALSA, García Sánchez, Grupo JJ Chicolino, España y Fernández e Clínica Dental Rebeca Ozores. Respecto da pegada comercial e empresarial que xerou o pasado ano, a asociación lembra que foron acadados miles de impactos publicitarios correspondentes á inclusión da imaxe corporativa das empresas nas campañas de promoción comercial, nas campañas de mercadotecnia dixital, nas publicacións en redes sociais, nas campañas publicitarias en medios de comunicación tradicionais e na presenza permanente nas pantallas das aulas e salón de actos. Tamén, de maneira máis visual, no photocall dos Premios ABE e Fálame Sempre aos que en conxunto asistiron máis de 400 persoas.

A ABE tamén lembra que até o 31 de xaneiro está aberto o prazo de admisión de novos socios protectores.

A ABE quere expresar publicamente o agradecemento da xunta directiva para o compromiso e colaboración que amosan estas empresas coa asociación xa que como indica o presidente, Daniel García, “ser socio protector non só significa un apoio económico para a entidade senón un compromiso co desenvolvemento económico do concello, por todo isto queremos felicitar e agradecer ás empresas ese compromiso”

A figura de socios protectores púxose en marcha en xaneiro de 2017 e a súa característica principal é que a cambio dunha cota extraordinaria anual a ABE inclúe a imaxe da empresa nas actividades que realizará durante o ano o que supón un importante retorno para as empresas.

O vindeiro 1 de febreiro comeza a nova anualidade e ata o 31 de xaneiro está aberto o prazo de admisión de novos socios protectores. “As empresas asociadas que entendan que esta figura pode ser beneficiosa para elas poden contactar coa ABE onde lles informarán das vantaxes e obrigas que supón”, sinalou a patronal.

Outros artigos

Ribeira iza a súa quinta Bandeira Verde

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, izaron hoxe no paseo marítimo de Coroso a quinta Bandeira Verde de Galicia que recibe o municipio por quinto ano consecutivo. Esta distinción fundaméntase nun total de 11...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.