Xoves 19, regresa a estabilidade con tempo seco e sol ata principios de ano

18 Decembro 2024

Despois do paso dunha fronte fría, as altas presións comezarán a instalarse polo oeste en forma de cuña, provocando ventos de compoñente norte. Agárdase unha xornada marcada por ceos con intervalos de nubes e claros, con chuvascos a primeiras horas, máis intensos no sueste. Pola tarde, podería quedar algún chuvasco feble e illado no norte.

As temperaturas experimentarán un descenso, sendo máis notable nas mínimas, mentres que as máximas só baixarán lixeiramente. Os ventos, de compoñente norte, soprarán con intensidade moderada, con intervalos fortes nas zonas do litoral durante o inicio do día.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.