“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

10 Decembro 2024

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles.

Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome do auditorio, polo que entendo que cada expresión formulada é un informe voluntario, aínda que polo que parece o concello tomaría a votación como vinculante, aceptando o que diga a maioría dos votantes. O proceso pode ter a seriedade que cada quen lle asigne, que eu recordo cando hai medio século, por Radio Popular, Manolo Lombao, co seu Match Musical facía á xente nova pronunciarse entre dous cantantes, e as rapazas do Instituto Feminino e doutros centros andaban como tolas pedindo votos para que Raphael saíse triunfante.

Proba de pasarse polo arco de triunfo unha votación foi a comezos de século cando Orozco quixo presumir de democrático e convocou ás entidades culturais para que propuxesen nomes para Cronista Oficial, coidando – din as linguas afiadas, que no concello sempre as houbo – que lle ían propoñer un do seu gusto. Pero propuxéronlle tres que non lle gustaban, polo que agora mesmo levamos vintenove anos e dous meses sen Cronista, desde o pasamento de Trapero Pardo. Dos tres propostos, o terceiro díxolle por activa e por pasiva “Dominus non sum dignus”, e que pasaba do tema, recomendándolle que elixise entre os dous que seguen estando plenamente en activo: Adolfo de Abel e Felipe Arias.

A ver se o nome do Auditorio – de escasa importancia para a cultura de Lugo – non tarda tanto, e o voto non volve facer rebotar a quen decida.

Outros artigos

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

José Luis Calo González. Coordinador UCIN GaliciaQue é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas oureformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta,...

+

“Contestación al PP de Galicia”. José Manuel Pena

Como portavoz de la Plataforma "Stop Desahucios" del Barbanza, que llevamos quince años trabajando y luchando en favor del Derecho a la Vivienda y defendiendo a las familias vulnerables que no pueden pagar sus hipotecas o rentas de alquiler, no puedo dejar pasar unas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión