Continuaremos durante o venres baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, teremos néboas en zonas do interior, localmente persistentes na provincia de Lugo, que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral, con máis nubes na Mariña e aumento da nubosidade na metade oeste ó final do día. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán del leste-nordés, frouxos en xeral, moderados no litoral norte.

O noso mar: Vento variable, forza 1 a 2. Mar rizado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



