Venres 20, seguimos baixo influencia anticiclónica con sol e nubes

19 Decembro 2024

Este venres, Galicia quedará baixo a influencia dun sistema anticiclónico. Esta situación traerá consigo néboas matinais nas zonas de interior, que se disiparán dando lugar a unha alternancia de nubes e claros. As nubes serán máis frecuentes no norte da comunidade, onde existe a posibilidade dalgún chuvasco ocasional. Na comarca teremos nubes e claros.

En canto ás temperaturas, espérase un lixeiro descenso respecto ás xornadas anteriores. O vento soprará frouxo, predominando a compoñente norte ao longo do día.

O inverno empeza este sábado 21 ás 10,21 da mañá.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.