“Valedor da esperanza”. Luís Celeiro

12 Decembro 2024

Ían lentamente paso a paso, camiñaban á sombra das carballeiras e andaban polos
carreiros daqueles soutos, ao carón dos regatos e dos ríos. Andaban pola serra e seguían
igual que andaran por Castela. Os peregrinos subían pola Faba de Vega de Valcarce e
entraban en Galicia polo Cebreiro, por onde seguen entrando actualmente os que
peregrinan polo Camiño Francés, con etapas marcadas, con albergues e pensións
preparadas.
Alí arriba, no alto ou no máis alto de serra luguesa, os peregrinos, cegados por tanta
claridade, paraban en seco, recreaban a vista e alongaban os sentimentos, abrazábanse a
eles ou a calquera pedra de calquera parede da Igrexa monumental e románica de Santa
María. Abrazábanse e choraban como desolados.
Paraban en O Cebreiro e preguntaban por Elías Valiña, falaban con el, encariñábanse co seu
pensar e levábano na memoria como se fose un verdadeiro monumento, un santo vivo, un
ilustrado que poñía o seu saber ao servizo dos lugareños e dos peregrinos, sen diferencia,
viñeran de onde viñeran. Todos ían polo Hospital da Condesa, polo Alto do Poio, por
Triacastela, Pena Partida e San Cristovo do Real ata o Samos monacal.
E dende alí, por Sarria, Ferreiros de Paradela e Portomarín, ata achegarse a Ventas de
Narón. Seguir por Ligonde de Monterroso e chegar a Palas de Rei. De Palas, polas terras de
Ulloa, e por Leboreiro achegábanse a Melide, para seguir por Arzúa, cruzar o concello de O
Pino, pasar por Lavacolla e entrar, polo Monte do Gozo, en Santiago de Compostela.
Elías Valiña era de Sarria, nacera en 1929 e finou o 11 de decembro de 1989. Estamos no
seu 35 cabodano e os peregrinos que van (veñen) a Santiago, por calquera das rutas
xacobeas, considérano un referente. Foi cura do Cebreiro dende 1959 ata o seu pasamento.
Un revolucionario, un investigador considerado e premiado, un estudoso preocupado polo
desenvolvemento social, económico e cultural.
Os seus amigos e familiares, xunto coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago, os
concellos e especificamente a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago
(APECSA) lembran os seus méritos como valedor da esperanza, da xente e dos lugares por
onde transcorre este Camiño do saber, de compartir e do aprender. Como di a Tía Manuela
a el e a Portomeñe “debémoslles todo”.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.