Unhas 160 persoas desfrutan do Xantar de Nadal do Club de Xubilados de Lousame

20 Decembro 2024

Un total de 140 persoas desfrutaron do tradicional xantar de Nadal que organiza o Club de Xubilados de Lousame e que tivo lugar no restaurante O Trapeiro (Tállara-Lousame) o pasado domingo.

O evento estivo presidido por Francisco Avelino García, presidente do Club de Xubilados de Lousame, quen estivo acompañado pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, polo concelleiro de Obras e Servizos Públicos, Ramón Martínez; e polo concelleiro de Seguridade Viaria e Protección Civil, José Antonio Ces Barrreiro. A festa comezou ás 14:00 horas no restaurante O Trapeiro. Despois do xantar de confraternidade, o Club de Xubilados procedeu ao sorteo de 28 cestas de Nadal.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.