“Un berro secundado por milleiros de galegos: Altri non!”. Antón Luaces

16 Decembro 2024

O futuro de Galicia está condicionado. Es as condicións dese futuro incerto ten nomes moi concretos que milleiros de galegos recitan de memória: eólica mariña, eólica terrestre, mina de Touro, Pasteira de Palas de Rei, mina de litio (posible) en Beariz…  e todas elas cun futuro certo: prexudican máis ou menos, pero prexudican a Galicia e aos galegos. A proba está na resposta que unha multitude de cidadáns desta terra deron onte, domingo, á convocatoria dunha manifestación en contra da autorización á instalación en Palas de Rei dunha macrocelulosa propiedade dunha multinacional portuguesa que os portugueses non queren no seu territorio e que a Xunta de Galicia contempla como de interese económico e social para esta comunidade autónoma.   

Por que tal desencontro, que leva a algún medio de comunicación a proclamar o mesmo como consecuencia da desinformación da cidadanía e que publica como editorial de bandeira?. Hai connivencia entre a empresa, a Xunta e o citado medio para que Galicia acubille a merda que a máis elemental conciencia ecolóxica e de defensa do seu recomenda o sentido común?. É postureo dicir “non” a Altri en Galicia cando, antes xa de agora, Altri obtivo un non rotundo á súa proposta de se afincar en territorio luso?. Que elementos inflúen agora no apoio decidido da Xunta de Galicia a ese proxecto malia saber do rexeitamento a este dun pobo que ten o dereito a decidir sobre o si e o non do seu presente e o futuro de seu?. 

“Altri, non!” non pode entenderse coma unha ladaíña circunstancialmente recitada por partidos políticos contrarios ao que goberna en Galicia: hai ducias de organizacións que asumen o que ese berro significa e centos, milleiros, de galegos de dentro e de fóra que, mantendo firme o pulso no leme do “Nunca máis”, tamén afondan no sentir común do non  querer o que emporca, o que dana porque prexudica, o que so beneficia a intereses alleos aos dos galegos.

Altri é unha fábrica de fibras téxtis cuxa produción afectaría negativamente aos sectores pesqueiro, marisqueiro, agrogandeiro e turístico cunha moi importante perda de postos de traballo no caso de se instalar en Palas. Moitos máis dos que a pasteira pode ofrecer a Galicia. 

Que a protesta teña reberetes políticos é consustancial ás circunstancias derivadas dos efectos desa instalación apoiada dende o goberno autonómico que non explica que vantaxes aporta Altri a Galicia, nen asume o dano que Altri causaría á comarca da Ulloa, á ría de Arousa… Que a Xunta ten lexitimidade para lle outorgar a Altri licenza de instalación non se pode dubidar. Outra cousa é que dispoña de razoamentos ou argumentos dabondo para facer que os galegos entendamos os motivos polos que tal licenza se lle concede a unha empresa megacontaminante.

Hai motivos para asumir que, a de onte, domingo, foi unha marea de dignidade. Foron galegos na defensa do seu, do de todos. E cómpre entendelo. E mesmo asumilo.

Outros artigos

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...

+

“No Lérez, homenaxe a Barriga Verde” – Xosé González Martínez

Xaime Iglesias González, presidente da Asociación Cedofeita, é autor de dúas publicacións de recomendada lectura para coñecer a biografía dunha personalidade popular, pero senlleira na historia da cultura galega da primeira metade do séculos pasado, e de anos anos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...