“Soñar con Marcial” – Xulio Xiz

26 Decembro 2024

De noite, soñei con Marcial. Estaba para entrar nalgún lugar, e apareceu Marcial en cadeira de rodas… Saudou coa súa natural ledicia, e eu non cheguei a dicir palabra, pensando: Pero Marcial, se estás morto, como é posible que esteas aquí? Non recordo máis do soño. Non sei se alguén entendido en temas evanescentes, me pode indicar o significado de que soñe vivo a un benquerido amigo que morreu hai once anos.

Por Santos acudo en familia ao Cemiterio de San Froilán, poñer dúas rosas vermellas na súa sepultura. Sempre se me adianta Chema, amigo e compañeiro, que mantén viva memoria e agarimo, e colocamos as flores entre as que Chema e familia colocaron primeiro. E fago unha foto para lembrar que o tempo corre mentres seguen frescos os recordos deste especial amigo de aventuras radiofónicas e vitais.

Marcial José González Vigo, estradense que despois de percorrer medio mundo afincou en Radio Popular de Lugo, foi un xigante da comunicación, e á súa beira fíxenme maior na radio. Conquistamos cumes que parecían imposibles, e premiáronnos en Sevilla e Mallorca, en Lugo, en Madrid ou en Salou, nos felices setenta.

De grande corazón, foi este quen cansou de marcarlle o ritmo, de impulsar tanta humanidade e calor humana, tanto traballo que merecía o dito do Campeador: ¡Dios, qué buen vassallo si oviesse buen señor!

Soñei con Marcial, e algo ten que significar. Como mínimo, a súa pervivencia na vida dos que o coñecemos; que ninguén morre de todo mentras alguén o recorde. Non me explico o da cadeira de rodas. Sexismundo, soñado por Calderón, dame unha razón vital: “pues que la vida es tan corta, soñemos, alma, soñemos”.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.