Soledad Agra repite como responsábel do BNG de Muros-Noia

22 Decembro 2024

Este venres 20 de decembro celebrouse a renovación dos órganos de responsabilidade do BNG para a contorna de Muros e Noia, que comprende os concellos de Porto do Son, Lousame, Noia, Muros, Outes e Mazaricos.

Nunha asemblea moi concorrida foi reelixida por unanimidade, como responsábel comarcal, a deputada provincial e concelleira no Goberno de Outes, Soledad Agra Tuñas, que xa levaba ocupando o cargo desde o 2022.

Ocupará o posto de viceresponsábel Laura Eiras Rivadeneria, concelleira no Goberno de Muros. As dúas pasarán a formar parte tamén do Consello Nacional do BNG, máximo órgano de representación política da organización nacionalista.

O consello comarcal entrante estará formado polo portavoz de Noia, Ricardo Suárez, a alcaldesa de Muros, María Lago e o portavoz de Lousame, Anxo Moledo; ademais dos responsábeis locais de cada un dos municipios e nova militancia que nunca formara parte antes deste órgano de dirección e coordinación.

En palabras de Soledad Agra “dámoslle paso á nova militancia para fortalecer o noso proxecto, porque o BNG é unha organización política que toma decisións asembleariamente, a participación de cada unha das persoas que formamos parte dela é a que decide as nosas liñas políticas. No BNG caben todas as persoas que queiran o mellor para Galiza, a súa cultura, lingua e territorio, as nosas portas están abertas sempre para quen queira sumarse”.

A nova viceresponsábel, Laura Eiras, que nunca formara parte deste órgano, destaca “ a enorme responsabilidade que supón e o noso decidido compromiso a acompañar o intenso traballo social e permanente coa veciñanza para dar resposta ás súas problemáticas, porque no BNG estamos a pé de rúa aínda que esteamos nas institucións, somos pobo e traballamos para o pobo”.

COMPOSIÓN DO NOVO CONSELLO COMARCAL DE MUROS-NOIA

  1. Soledad Agra Tuñas
  2. Laura Eiras Ribadeneira
  3. Agapito Romero Barreiro
  4. Agustina Cortés Romero
  5. Mari Carmen Ínsua Varela
  6. David Barrio Alonso
  7. José Luís Obelleiro Somoza
  8. María Lago Lestón
  9. Vanessa Pena Santos
  10. Ricardo Suárez García
  11. Laura Pérez Sabigueiro
  12. Anxo Moledo Carreño

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.