SEA adxudica dúas parcelas a outras tantas empresas nos parques de Muros e A Laracha

12 Decembro 2024

A sociedade estatal Solo Empresarial do Atlántico (SEA) celebrou esta mañá un consello de administración no
que participaron a directora xeral de SEPES e presidenta de SEA, Leire Iglesias; e a conselleira e directora económica financeira desta entidade, Belén Medina Cierco; o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Xunta de Galicia, Nincolás Vázquez; o secretario xeral da Delegación de Goberno en Galicia, Alberto de la Fuente; e a xerente de SEA, Beatriz Sestayo. Nel apróbanse dous operacións na modalidade de venda directa de chan, o que supón a instalación de Panadería Rodolgo e Rodríguez Amado por primeira vez nestas superficies industriais.

No parque empresarial de Muros, Panadería Rodolfo, especializada na fabricación de pan e de produtos frescos de panadería e pastelería ocupará unha parcela de 1.300 metros cadrados.

No da Laracha, a compañía Rodríguez Amado, dedicada a instalacións, montaxes e reparacións de fontanería, calefacción e gas instalarase nunha superficie de 1.823,50 metros cadrados.

Beatriz Sestayo informou de que a sociedade que dirixe volveu a ter beneficios por quinto ano consecutivo, o que permitirá seguir acometendo novos vinvestimentos no futuro. Ademais, engadiu que durante 2024 implantáronse numerosas empresas nos 13 polígonos industriais xestionados por SEA e, en consecuencia, creáronse centenares de postos de traballo. Neste sentido, incidiu en que os datos da empresa seguen sendo enormemente positivos e espera poder sumar, a curto prazo, novos proxectos.


Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.