Sábado 28, a chegada dun embolsamento de aire frío traerá lixeiros cambios ao tempo aínda que sen grandes alteracións

27 Decembro 2024

O sábado festividade dos Santos Incocente chegará a Galicia un pequeno embolsamento de aire frío en altura, que incrementará lixeiramente a inestabilidade atmosférica. Esta situación provocará cambios nas condicións meteorolóxicas, aínda que sen grandes alteracións.

A nubosidade irá en aumento ao longo da xornada, especialmente nas comarcas do litoral oeste, onde non se descarta a aparición dalgún orballo puntual.

As temperaturas rexistrarán un lixeiro descenso, tanto nas máximas como nas mínimas, ofrecendo unha xornada máis fresca en comparación cos días anteriores. Pola súa banda, os ventos serán frouxos e de dirección variable, contribuíndo a un ambiente tranquilo en canto á forza do vento.

A recomendación é estar atentos ás condicións meteorolóxicas locais, especialmente nas zonas onde as néboas poden reducir a visibilidade e complicar os desprazamentos.

meteogalicia

O noso mar: Vento do leste á mañá e á noite e variable á tarde, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...