“Ruindade e morte”. Luís Celeiro

20 Decembro 2024


As meixelas daquela persoa enteira supuraban, como supuran as grandes feridas da alma.
Estaba desolada diante do que se ve vir e vén correndo, como se fose un guepardo, ese
felino carnívoro que adianta ao tigre siberiano e, con moita diferencia, corre máis que o
esquío das Carolinas. As meixelas daquela rapaza eran calexas de suor amarga, eran a
expresión completa da impotencia total, da incapacidade que ten a intelixencia humana
para frear os abusos e atropelos daqueles que non queren que rematen as guerras.
Cando se achegou a ela, un meniño da escola preguntoulle para que era a guerra. -Non sei!,
dixo ela. Parece que será para retroceder, regresar ao inferno e apuntalar os negocios dos
negociantes ricos, daqueles interesados nas desigualdades, nas diferencias, na miseria dos
pobos. Daqueles que “queren vernos sometidos, submisos e obedientes”. As guerras teñen
por finalidade matar e ganar.
Ela choraba. Recordaba o que lle contaba súa nai do avó, da guerra do trinta e seis, dos
pesadelos e dos medos, dos tiros e dos mortos amoreados nas cunetas e das nais que
quedaban cun par de fillos na barriga e sen pai. Acordábase da enorme miseria dos seus,
dos familiares e amigos; acordábase daqueles que non tiñan terra nin lugar para enterrar
aos mortos, dos humildes, de nós e da veciñanza.
Agora mira aos promotores das guerras que seguen e pensa que son lobos, cans bravos
rabiosos e famentos. Abusóns profesionais e armados coas escopetas de alta precisión e coa
intelixencia artificial integrada no visor, que lles proporciona éxito nos escuros negocios de
matar.
Cincuenta e seis guerras están activas neste “mundo en guerra”, segundo o informe do
Institute for Economics & Peace (IEP), coa participación de 92 países directamente
involucrados e todos eles actuando en nome da paz, a pesar de que, como di o director
executivo deste instituto, Michael Collins, “advírtese un deterioro da paz nesta década,
sobre todo nos últimos cinco anos”.
Os expertos, estudosos e científicos teñen medo, consideran que hai conflitos silenciados
que poden estalar e converterse en guerras imparables, desas que se pode saber cando
comezan, pero non cando rematan. Aí está, a guerra mata, destrúe o patrimonio, aniquila a
verdade, afoga o ser e as liberdades, moi especialmente e en primeiro lugar, a liberdade de
expresión, para que o pobo cale e are, para que o futuro se demore e, cando chegue, se
acaso que sexa negro. Como di a Tía Manuela, “non hai quen saiba a que se debe tanta
imbecilidade, tanta ruindade e tanta morte”.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.