Rosana Pérez pon en cuestión o compromiso de ampliar o horario do PAC de Rianxo

19 Decembro 2024

A deputada do BNG Rosana Pérez vén de analizar o proxecto da Xunta para ampliar o Punto de Atención Continuada (PAC) de Rianxo, compromiso adquirido coa veciñanza para 2025. Segundo dixo, “existen dúbidas sobre a vontade real da xerencia da área sanitaria do Barbanza de levar a cabo esta ampliación”, e máis, sinalou, “logo de que o PP votase en contra de que a ampliación de horas se faga realidade nos primeiros meses do ano, tal e como pediu o Bloque na Comisión de Sanidade”. 

Facéndose eco desas demandas da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, Rosana Pérez defendeu “unha iniciativa para que se dea cumprimento ao compromiso adquirido coa veciñanza durante o primeiro trimestre de 2025 ou, a máis tardar, antes do verán, compromiso que pasa”, recordou, “pola apertura do PAC dende as 15.00 até as 22.00 horas dos días laborábeis, co obxectivo de mellorar a organización do traballo, non sobrecargar ao persoal médico da quenda de tarde e dispensar a atención sanitaria que lle corresponde ao conxunto da poboación de Rianxo”.

A mesma iniciativa recollía noutro punto a cobertura da totalidade das oito prazas de médicos e médicas de familia que existen no Centro de Saúde de Rianxo. Rosana Pérez dixo que “a situación en canto ao persoal facultativo ten mellorado nos últimos meses grazas ás protestas da cidadanía, que masivamente saíu á rúa para exixir a atención sanitaria que lle corresponde”, subliñou, ao tempo que criticou que a Consellería de Sanidade “actúe a golpe de mobilización e non para dar solución ás necesidades reais que ten a veciñanza que”, insistiu, “viuse na obriga de mobilizarse diante da falta crónica de persoal no Centro de Saúde, que durante moito tempo funcionou con tres ou catro profesionais de medicina de familia en lugar dos oito que lle corresponden. A día de hoxe, aínda falta por cubrir unha das praza”s.

Rosana Pérez engadiu que “o PAC de Rianxo funciona só de noite, das 22.00 horas até as 8.00 da mañá os días laborábeis, e 24 horas na fin de semana”. A consecuencia principal deste horario é que “de luns a venres, en horario de 15.00 horas a 22.00 horas, son os médicos e médicas da quenda de tarde os que asumen as súas propias consultas programadas máis a atención urxente no centro ou a domicilio dos profesionais da quenda de mañá, que son maioría, resultando unha desorganización e unha enorme carga de traballo difícil de asumir e que afecta á demora da atención dos pacientes”, dixo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.