Ribeira acolle o vindeiro 29 de setembro a XIV Ruta do Nadal BTT

13 Decembro 2024

O departamento de Deportes do Concello de Ribeira, co obxectivo de dinamizar a actividade física en todos os seus ámbitos, organiza para o vindeiro domingo 29 de decembro a XIV edición da Ruta do Nadal BTT, proba de bicicletas todo terreo (BTT) non competitiva para dar a coñecer algúns dos grandes tesouros ambientais do termo municipal ao tempo que se fomenta o exercicio e os hábitos de vida saudábeis. Na presentación participaron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, representantes de Arousa Neo, Os Saltamontes e a Asociación de Veciños de Carreira.

Aínda que nesta actividade facilitarase unha toma de tempos, será única e exclusivamente a nivel informativo non acadando premio ou trofeo algún segundo a orde de chegada. Dende a organización póñense todos os medios e apoio para calquera persoa con certa condición física poida rematar a ruta dispoñendo de dous avituallamentos, e ducias de voluntarios/as dispostos a incrementar a seguridade.

Vidal informou que os participantes poderán elixir entre dous percorridos, un de 30 quilómetros e outro de 40, con diferentes niveis de dificultade. O concelleiro convidou a veciños e visitantes a participar: “É unha boa oportunidade de baixar os excesos do Nadal” e tamén salientou a “gran afección que temos na cidade pola bici de montaña”.

Amais, agradeceu novamente a colaboración de Saltamontes, da Asociación de Veciños de Carreira, Arousa Neo e ás empresas Spotbike e Dálle Pedal por facer a asistencia técnica durante a proba”, rematou facendo extensíbel o seu agradecemento aos técnicos Javier Sampedro e Fran Romay e, tamén, á Policía Local e ao GAEM de Ribeira pola “axuda imprescindíbel que nos prestan a policía”.

A saída (9:00 h) e chegada será dende o Complexo Deportivo da Fieiteira, a recollida de dorsais de 8:00 h a 8:45 h, as inscricións en Cronotec. O prazo de inscrición remata o día 23 de decembro ás 11:00 h.

A cota da inscrición será de 10 euros.

Establecerase un tope de inscrición de 300 participantes.

Outros artigos

Mércores 30, chuvias e descenso das temperaturas

Este mércores teremos a chegada dunha fronte asociada a unha borrasca situada ao oeste de Lisboa. As condicións meteorolóxicas empeorarán progresivamente ao longo do día. Durante a mañá, agárdase un incremento da nubosidade, especialmente nas zonas do sur . As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión