Publícase o “Misal Romano en lingua galega” para favorecer o uso do galego no ámbito relixioso

20 Decembro 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou este 20 de decembro unha publicación destinada a “potenciar o uso do galego no ámbito relixioso”. Trátase do Misal Romano en lingua galega, posíbel grazas a un convenio co Arcebispado de Santiago, e do que finalmente editáronse 1.500 exemplares baixo o selo da editorial da Conferencia Episcopal Española que serán distribuídos a través das dioceses galegas.

Esta iniciativa, apuntou o representante do Goberno autonómico, “é froito unha vez máis da colaboración con institucións que nos permiten achegarnos a grandes grupos de poboación”. Así, continuou, con este misal “favorecemos a dinamización da lingua no ámbito litúrxico facilitando que os sacerdotes poidan oficiar as cerimonias relixiosas católicas en galego, achegándose así as persoas galegofalantes e tamén prestixiando o idioma”.

Ademais de “garantir os dereitos lingüísticos das persoas que asisten aos rituais relixiosos”, explicou López Campos, “hai que ter en conta que a igrexa en Galicia ten unha gran capacidade de chegar grandes grupos de xente, tanto grandes como pequenos”. Deste xeito, lembrou que “o noso obxectivo co Pacto pola Lingua e abranguer todos os eidos posibles, aqueles nos que convive a nosa sociedade”.

Tal e como destacou López Campos, “contar con este libro é todo un logro, o resultado dun exhaustivo traballo para actualizar os textos desde a súa primeira publicación”, ademais, dixo, “isto require un esforzo porque non se pode editar por unha editorial común e conseguimos o visto bo da Conferencia Episcopal Española”. Outro dos avances é o que supón contar co Misal Romano en lingua galega en soporte dixital, xa que estará a disposición de toda aquela persoa interesada no Portal da Lingua, seguindo na liña de incentivar o contido en galego no eido das tecnoloxías.

Ademais, durante o acto de presentación, López Campos agradeceu a implicación e colaboración do arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, con quen xa mantivo un encontro hai unhas semanas para traballar en prol do uso da lingua galega no ámbito eclesiástico.

O galego nas cerimonias relixiosas

Este mesmo ano celébranse os 55 anos da liturxia en galego, o que significou un fito importante para a nosa lingua ao recoñecela para o culto relixioso. Foi en 1963 cando o Concilio Vaticano II aprobou o uso das linguas vernáculas, aceptándose cinco anos máis tarde o galego na liturxia nas dioceses de Galicia. Sería en 1969 cando a nova acadaría repercusión entre a sociedade e cando se produciron as primeiras traducións á lingua dos textos relixiosos como a Biblia ou o Misal Romano.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.