Presentación na Pobra do novo poemario de Esperanza Mariño: A pousa da libélula

13 Decembro 2024

O auditorio da biblioteca municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal acolleu na tarde do 13 de decembro a presentación de A pousa da libélula, o novo poemario da escritora Esperanza Mariño. A obra aborda, a través do simbolismo da libélula, temas universais como o paraíso perdido da infancia, o medo, o soño, a soidade, o amor e a morte, invitando á reflexión sobre cuestións fundamentais da vida humana e problemáticas globais como os incendios forestais e as guerras.

Durante o acto, Mariño estivo acompañada pola concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e o membro da A. C. Barbantia, Xesús Laíño. A edil destacou a prolífica traxectoria literaria da autora, lembrando a súa contribución a eventos culturais como a presentación, a mediados de ano, de As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta no marco do Maio das Letras Galegas.

O poemario incorpora unha dimensión internacional coa tradución dos seus textos ao xaponés por Takekazu Asaka, complementados por gravados ukiyo-e, unha técnica artística que realza a beleza do efémero, coñecida como “pinturas do mundo flotante”. Así, A pousa da libélula reafirma o valor da poesía para conectar culturas e reflexionar sobre as complexidades da existencia.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.