Porto do Son achega á cidadanía, a partir de xaneiro, un curso de competencias tecnolóxicas básicas

27 Decembro 2024

O Concello de Porto do Son vai comezar o ano con formación tecnolóxica para incrementar o apoderamento e a empregabilidade das veciñas e veciños. Trátase do Curso de Competencias Dixitais Básicas, de 200 horas de duración, que se vai levar a cabo a partir do 8 de xaneiro en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas. Consistirá en diferentes sesións de formación de balde para persoas en desemprego de Porto do Son. A actividade inclúe a entrega dun computador portátil para as persoas participantes. O único requirimento para asistir é estar dada/o de alta no Servizo Público de Emprego.

Este luns 30 de decembro celebrarase unha reunión informativa ás 10.30 horas no Viveiro de Empresas de Porto do Son para achegar ás persoas interesadas as liñas temáticas e os obxectivos do curso. Quen precise máis información tena na web de Dixigalizate, no teléfono 604 039 575 ou a través da conta dixigalizate@araformacion.es.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.