“Portas automáticas para abriren o ceo antes de Nadal e Reis”. Antón Luaces

02 Decembro 2024

O caso é chegar antes, non o que se regale. E os homes e mulleres de Galicia, como antes acontecera cos “saldos” e as “rebaixas” que, primeiro a radio, dempois a prensa escrita, posteriormente a televisión e, finalmente, todo o mundo mundial, inventaron o que xa puxeran en práctica os estadounidenses e, en xeral, o mundo anglosaxón moitos anos atrás: o Black Friday ou venres negro (para andar pola casa).

Estamos a perder o norte. Facémolo sen nos decatar de canto estamos a perder dos nosos propios sinais de identidade como galegos indo e vindo da man dos demáis e sen que outros collan as nosas para espallar a mensaxe que coma galegos nos corresponden. 

Perdemos moito, demasiado, e non somos quen de nos decatar do que para un pobo coma o noso esto significa. Perder a língua é enmudecer, deixar no camiño unha moi importante parte da historia da que, de non sermos nós, ninguén dará conta a futuro. Morreremos coma pobo, algo que non podemos nen debemos consentir porque coa língua vai marchar a esencia mesma dun país con séculos de historia e de características senón únicas, sí diferenciadoras.

Que é o que pasa pola mente dun galego cando fala e escoita a súa língua?. Que pensa, pensamos, cando comprobamos como cada vez se fala menos o idioma dos nosos devanceiros e medran outros que asumimos doadamente ben por comenencia ou interese comercial?.

Aínda que non todos os medios de comunicación que temos en Galicia empregan o galego coma vía única ou maioritaria de transmisión dos aconteceres cotiáns, algúns quedan e son testemuña do valor que a língua tivo e ten. Os meus avós -ao igual que os de moitos dos lectores- falaban única e exclusivamente galego, o que non lles impediu comprender e facerse entender cos seus netos canarios ou galegos (no meu caso) educados en castelán por nos criaren os nosos pais en territorio non galegofalante. E todos aprendemos o galego e, quen máis quen menos de entre os irmáns, empregamos esta língua na que vostede, lector, nos recibe. Haberá maior regalía?.

Por que a perdemos?. Que é o que impide que medre o galego coma língua, que nos avergoña desta, que fai que non medre?…

Non somos quen de falar do venres negro e non dubidamos de preguntar no comercio se teñen descontos do black friday.

Hai que amolarse: as portas automáticas dos grandes almacéns ábrense de par en par coas verbas máxicas en inglés. E se o fixeran en galego?.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.