“Por terra e mar: é a Xunta unha terminal do lobbi eléctrico?”. Antón Luaces

18 Decembro 2024

Os partidos da oposición e colectivos que integran a plataforma Eólica Así Non, deixan entrever que a Xunta,  coa súa actitude, está a favorecer a expansión de proxectos eólicos paralizados xudicialmente. 

Distintos colectivos que integran e devandita plataforma, concentráronse este martes pola tarde ás portas do Parlamento galego en contra da modificación da lei de medidas fiscais e administrativas coa que o PP tenta retramitar parques eólicos paralizados xudicialmente.

“Con este goberno, o monte está morrendo” ou “Partido Popular, enimigo do rural” foron consignas coreadas na concentración citada após as duras críticas formuladas pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que acusou ao Goberno galego e ao PP de “tentar pasar por riba da Xustiza”.

Todo elo debido a que o mesmo martes, o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos autonómicos para 2025 e a nova lei de acompañamento fiscal que inclúe -entre outras medidas para intervir o mercado das enerxías renovables- a obriga de desmontar ata 3.000 muiños de máis de 25 anos de antiguedade, para os substituir por outros novos.

A Xunta engade, asimesmo, unha  medida que vai obrigar ás compañías eléctricas a vender unha parte da súa produción a empresas galegas abrindo así portas á posibilidade de retramitar parques eólicos parados xudicialmente.

Para Ana Pontón “a Xunta é unha terminal do lobbi eléctrico” porque rompe a separación de poderes: “Hoxe na Xunta mandan as eléctricas”, e cualificou de “gravísima” a “deriva na que estamos”.

A plataforma Eólica Así Non acusa á Xunta de “burlar a Xustiza” e coida que a citada batería de medidas aprobadas inclúe un mecanismo que permite “premiar” proxectos eólicos “potencialmente ilegais”. Belén Rodríguez, voceira de Adega, censurou que o PP “utilice” a lei de acompañamento para “favorecer unha outra vez” ao sector eléctrico e ás compañías enerxéticas” incidindo a ecoloxista en que o mecanismo introducido polo PP “premia” aos promotores de proxectos “potencialmente ilegais” e que paralizan cautelarmente por decisións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, poñendo a Xunta a “disposición” destes axentes os recursos públicos ao permitir que podan “tramitarse por duplicado” os expedentes administrativos destes parques co obxectivo de “favorecer únicamente ás promotoras a costa de recurtar dereitos aos cidadáns”. Deste xeito, afirmou a portavoz de Adega, entidades e colectivos acadaronn a “paralización lexítima” destes “macroproxectos” eólicos con recursos de seu ao entender que “afectan significativamente á súa vida”.

Na súa opinión, estamos a asistir a un “acoso institucional e administrativo constante por parte do PP e do goberno da Xunta de Rueda que non podemos tolerar”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...