“Poña un Bizum na súa vida: detrás ven un banco” – Antón Luaces

27 Decembro 2024

Desta vez os traballadores de banca non se van ver afectados -como acontecera nos anos 60-70 do século pasado- polos cambios nos sistemas de funcionamento debidos á modificación da tecnoloxía  derivada da aplicación ás contas de clientes de algo hoxe en día tan manido como son as computadoras. Ese cambio da máquina de escribir pola computadora significou para a banca a oportunidade de aplicar  unha “limpa” nas nóminas de empregados  que reduciu estas á mínima expresión. 

O uso do diñeiro de plástico -tarxeta de crédito ou débito- tamén carrexou consecuencias poucos gratas para os traballadores, mais en repercusións moito menos devastadoras que as que acadara o abandono da máquina de escribir.

Viñeron posteriormente outros cambios que, derivados da escaseza de persoal nas entidades bancarias e o uso das mencionadas tarxetas de plástico, provocaron a aplicación de medidas que afectaron -e afectan- especialmente á clientela que tivemos a experiencia de que se nos aplicara un horario reducido para sermos atendidos por caixa. 

Na actualidade son moitos os usuarios do teléfono móbil que empregan este como vía de aboamento substitutiva das xa mencionadas tarxetas de plástico. Un simple “disparo” do móbil basta para que o banco dea a súa conformidade (ou non) á operación polo usuario ordenada.

Son avances que non sempre se reciben con gusto. Pero a entrada en acción dunha centella chamada Bizum chama, cando menos, a atención: España respira a través dos bancos e últimamente está a facelo mediante ese servizo bancario.

Ven ser o tal Bizum un servizo de pagos móbeis que xurdiu en España vai para nove anos. Permite o envío de diñeiro entre os usuarios das entidades bancarias titulares de contas, especialmente entre familiares e amigos, mais tamén en comercios on line e mesmo en doazóns a determinadas ONG.

Dito doutro xeito: Bizum é unha maneira de facer transferencias de forma simplificada a respecto das transferencias bancarias ao utilizar o número de teléfono como identificador. Un método de pagamento inmediato e de balde realizado a través de teléfono móbil, sen comisións, incluso no caso de se enviar a outra entidade bancaria.

Para se dar de alta en Bizum debe facerse a través do portal ou aplicación móbil do teu banco nunha opción consignada a “enviar” ou “recibir” diñeiro con Bizum ou semellante. Feito esto,

e dependendo do teu banco, poderás mandar ou recibir diñeiro coa aplicación oficial do teu banco ou tamén a través, en moitos casos, da web.

De non ter descargada a aplicación ou non coñecer as túas claves de acceso, só tes que buscar o nome do teu banco na tenda de aplicacións do teu móbil e seguir o proceso de alta. Sendo como é de sinxelo acceder á banca on line é que os bancos cada vez implementan máis medidas de seguranza, polo que a banca é cada vez tanto ou máis segura que usar unha tarxeta de creto tradicional. 

Para poder transferir diñeiro a outra persoa, deberás coñecer primeiro o seu número de teléfono móbil. O diñeiro deposítase e cóbrase directamente nas contas bancarias. De aquí que non resulte necesario dispor dun saldo aparte en Bizum, senón que este fai de intermediario entre as contas bancarias para simplificar o proceso. 

Aínda que os usuarios particulares poden utilizar Bizum sen problemas, non poden facer pagamentos de menos de 0,5 euros nin de máis de 2.000 por operación. Tampouco está permitido recibir nunha conta máis de 2.000 euros nun mesmo día, así como se limita o número de operacións mensuais recibidas ou emitidas durante un mes a un total de 60 conxuntamente.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.