Na mañá deste 30 de decembrou celebráronse no local da ABE en Boiro os sorteos da campaña Doa Un Sorriso 2024, unha iniciativa de recollida de alimentos a favor de Cáritas e Cruz Vermella, organizada pola Clínica Dental Rebeca Ozores, que finalizou a semana pasada cuns datos “moi positivos”, segundo confirmou a asociación empresarial boirense.
Estiveron presentes a impulsora da campaña, Rebeca Ozores, José Ramón Romero, Alcalde de Boiro, Daniel García presidente da ABE, Julio García en representación de cruz vermella Boiro, María del Rocío Ramirez e Cecilia Parada, ambas en representación de Cáritas Boiro.
O sorteo realizouse entre todas as rifas que cubriron as persoas que realizaban a doazón de alimentos e de produtos de primeira necesidade nos puntos habilitados do comercio local de Boiro.

Os premios son 2 bonos para unha noite para 2 persoas nas cabanas Balcóns Ría de Arousa, que recaeron en Loly Romero e Olga Fernández, 2 bonos abe de 50€, que foron dar a Ana Martinez López e a Diego Olivera e 2 bonos por valor de 100€ para utilizar na Clínica Dental Rebeca Ozores que recaeron en Mª José Miguéns e en José Ramón Outeiral.
Rebeca Ozores confirmou que durante o mes que estivo vixente a campaña recibiron máis de 1 tonelada de alimentos e produtos de primeira necesidade. Este ano o obxectivo principal, ademais do resto de doazóns, era a recollida de leite e produtos lácteos, que dende Cáritas Boiro solicitaban con máis urxencia e necesidade para familias de Boiro, e foron máis de 600 litros de leite os que se recolleron, ademais recadáronse 300€ en efectivo que foron destinados á compra de carne, un datos moi positivos que superaron todas as expectativas “o cal nos motiva enormemente para volver a repetila o próximo ano”
Agradeceuse por parte de todos os asistentes a labor dos voluntarios e voluntarias que se uniron á gran recollida que realizaron o día 21 de decembro, por suposto a todas as persoas que realizaron algunha doazón e amosaron a súa solidariedade coas familias que máis o precisan de Boiro, a todos os establecementos comerciais que colaboraron sendo punto de recollida e informaron ós seus clientes sobre a campaña, á ABE, ao Concello de Boiro, Cáritas, Cruz Vermella e ás Cabanas Os Balcóns Ría de Arousa.



