Papá Noel irase de xira polas parroquias de Porto do Son, este 23 de decembro comezando en San Pedro de Muro

19 Decembro 2024

Porto do Son e as súas parroquias acollerá novamente unha xira de Papá Noel destinada a lograr que Santa Claus teña ocasión de atoparse con todas as nenas e nenos do concello. O itinerario de Papá Noel estenderase ao longo de toda a xornada, dende a mañá até o serán. Será o luns 23 de decembro e comezará en San Pedro de Muro, entre as 11.00 e as 11.20 horas, na Casa da Cultura.

A seguinte cita será a parroquia de Xuño, na Casa da Cultura, entre as 11.35h e as 12.00h, para logo trasladarse á Casa da Cultura de Queiruga, onde Papá Noel poderá manter un encontro coa rapazada local, entre as 12.55 e as 13.15 horas.

Baroña será a seguinte parada (o Bar 85), entre as 13.30 e as 13.50 horas, e logo do xantar farase unha parada en Noal, fronte á fonte de Cabanela entre as 16.00 e as 16.20 horas. Máis tarde, Papá Noel e a súa comitiva recalarán en Nebra, no Local da Comunidade de Montes, entre as 16.40 e as 17.00 horas, e despois en Portosín, na praza do Curro, entre as 17.30 e as 17.50 horas. a seguinte parada será Miñortos, a carón da igrexa, entre as 18.00 e as 18.25 horas.

A xira rematará en Porto do Son, na estacada da fachada marítima, a partir das 19.30 horas.

Ao longo da xira, Papá Noel e a súa comitiva recollerán as cartas cos desexos da rapazada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.