Padrón celebra a Traslatio 2024 destacando o seu papel fundamental na tradición xacobea

30 Decembro 2024

A cerimonia, celebrada na Igrexa de Santiago, reafirmou a relevancia histórica, cultural e espiritual de Padrón no contexto do Camiño de Santiago. A cerimonia concluíu cunha misa solemne oficiada por Monseñor Francisco Froján Madero, membro da Secretaría de Estado do Vaticano

O Concello de Padrón acolleu hoxe a conmemoración da Traslatio, un dos episodios máis emblemáticos da tradición xacobea que rememora a chegada dos restos do Apóstolo Santiago ao antigo porto de Iria-Flavia hai máis de dous mil anos. A cerimonia, celebrada na Igrexa de Santiago, reuniu a autoridades, representantes de asociacións e colectivos locais, así como a numerosos veciños e veciñas nun acto que reafirma a relevancia histórica, cultural e espiritual de Padrón no contexto do Camiño de Santiago.
O acto contou coa presenza do alcalde Anxo Arca e dos membros da corporación municipal xunto a outras destacadas autoridades como José Manuel Merelles Remy, director da Axencia de Turismo en representación da Xunta de Galicia; Manuel López Vázquez, presidente da AGACS; Angel Trabada, da Asociación Amigos del Camino de Santiago en Lugo; representantes da Fundación Cela e da Fundación Ruta Xacobea Arousa Ulla; e outros membros do tecido asociativo e empresarial de Padrón. Ademais, asistiron peregrinos de honra como José Manuel Garrido Rivero, que destacaron o valor espiritual e histórico desta celebración.
Durante a ofrenda institucional, o alcalde Anxo Arca destacou que “Padrón eríxese como berce da tradición xacobea, recoñecido e visitado cada ano por milleiros de peregrinos e peregrinas que reciben a hospitalidade da nosa vila”. Esta ara romana, o Pedrón, símbolo patrimonial e espiritual, “vincula para sempre a nosa vila coa figura do Apóstolo”.


Ademais, o rexedor fixo un chamamento á solidariedade e á reflexión ante os retos sociais e humanitarios actuais como a crise humanitaria en Palestina: “No día de hoxe, pídolle ao Apóstolo que a intransixencia relixiosa e política non se impoña á liberdade; que por riba das ideoloxías e os intereses particulares os gobernantes saiban dialogar e chegar a acordos para aumentar o benestar da cidadanía”.
Tamén tivo palabras de recoñecemento pola resposta solidaria ante a traxedia acontecida en Valencia, ansiando “que nunca decaia o noso espírito solidario, amplamente evidenciado como resposta á traxedia da DINA no Levante”, así como “que poidamos acadar o fin da violencia machista e atopemos as fórmulas para dignificar aos colectivos máis desfavorecidos; que contemos todas e todos coas mesmas oportunidades,
independentemente da nosa orixe e condición; que saibamos coidar dos nosos maiores, agradecéndolles sempre a súa axuda e o seu traballo”.
“O Goberno e a Corporación Municipal de Padrón, coa axuda de Santiago, seguirá traballando para que, máis pronto que tarde, estes anhelos se convertan en realidades”, prometeu o alcalde Anxo Arca.
A cerimonia concluíu cunha misa solemne oficiada por Monseñor Francisco Froján Madero, membro da Secretaría de Estado do Vaticano, acompañada pola Coral Polifónica Padronesa e a actuación musical do Cuarteto Novecento.
Padrón consolídase con este evento como un referente esencial na tradición xacobea e reafirma o seu compromiso coa preservación e promoción do seu legado cultural e espiritual.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.