
O Concello de Outes organiza esta fin de semana unha actividade de celebración de Nadal que tamén conmemora e reivindica un xeito saudábel e responsábel de consumir e festexar estas festas, en clave de proximidade: a Feira de Nadal en Outes, un punto de encontro na praza do Bosque entre os sectores tradicionais do comercio, a alimentación e a artesanía, por unha banda, e a veciñanza, pola outra.
A feira desenvolverase os días 14 e 15 de decembro, sábado e domingo. Será inaugurado ás 10h do sábado coa apertura dos postos de comercio e artesanía e un espectáculo de animación infantil (Animarte) previsto para as 12.00 horas. A festa proseguirá ás 17.00 horas, coa recepción de Papá Noel.
Ao día seguinte, logo da apertura dos postos de comercio e artesanía (ás 10.00) comezará (ás 11h) a saída do Apalpador pola rúa e a carpa da feira. Ás 12.00 está previsto un obradoiro infantil de adobíos de Nadal e ás 13.30 horas comezará unha sesión vermú a cargo de As Lens.
Haberá polbeira e churrería durante toda a fin de semana. Organiza o Concello.



