O PSOE de Rianxo insta a reforzar a captación de subvencións “para maximizar os recursos municipais”

12 Decembro 2024
Óscar Rial, voceiro do PSOE rianxeiro


O PSOE de Rianxo emitiu un comunicado no que traslada á veciñanza a súa preocupación ante o que o grupo considera “unha perda de oportunidades para mellorar o noso municipio mediante subvencións”. No comunicado comentan que “no último ano de lexislatura, Rianxo deixou de percibir 150.000€ en subvencións directas e perdeu a posibilidade de optar a axudas adicionais por un importe aproximado de ata 100.000€. Nun plano máis concreto, o PSOE sinala que a alcaldía “non solicitou unha subvención para a promoción económica de Rianxo en 2024” e que grazas a esta axuda “Rianxo puido ter recibido ata 40.000€ para dinamizar e promover o noso comercio”.

No comunicado apuntan que son necesarios cambios na área municipal adicada a estes obxectivos, modificándoa para mellorar o seu funcionamento.
“Desde o grupo socialista, consideramos que cada euro que deixa de captar representa unha oportunidade perdida para mellorar servizos, infraestruturas e calidade de vida no noso municipio; por iso, facemos un chamamento ao equipo de Goberno para que redobre esforzos na planificación e xestión das solicitudes a programas de axuda autonómicos, estatais e europeos”.

Na carta publicada a agrupación destaca que “o éxito na captación de subvencións require planificación, coordinación e unha proactividade constante para identificar e solicitar fondos dispoñíbeis, polo que propoñemos reforzar as áreas técnicas con formación específica e recursos que permitan presentar proxectos sólidos e competitivos, co obxectivo de garantir que Rianxo non só non perda oportunidades, senón que sexa un exemplo de boa xestión de recursos externos”.

O PSOE de Rianxo reitera o seu compromiso de “colaboración para traballar xuntos na procura de solucións que aseguren que no futuro non se repitan estas perdas”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...