“O mar, trascendental vía para o transporte e a pesca” – Antón Luaces

17 Decembro 2024

Vai anos, falando no porto da Coruña cun dos medio cento de rapaces do Courel que as autoridades educativas desprazaran a esta cidade para ver de preto o mar, dicíame que eles, malia contemplar -de lonxe- o tren, nunca “na vida” viaxaran en ferrocarril. E como estabamos a falar á beira do mar aproveitei para coñecer a opinión do cativo a respecto do que era o mar.

No peirao de Méndez Núñez, o rapaz ollaba ao meu carón a ría da Coruña. Daba a impresión de que calculaba a distancia existente entre a costa de Mera (Oleiros) e o porto coruñés. Matinou uns minutos e respostou sen dúbidas: “O mar é un rego moi grande”.

Un rego moi grande, engado, que imos estreitando ás alancadas ao tempo que a Natureza se encarga de amplialo derretendo as zonas árticas e antárticas, de xeito inmisericorde.

Nestas estaba hoxe, matinando na importancia que o mar ten para nós no tempo actual. E as cifras, os datos, son teimudos: a sociedade deste tempo non  pode prescindir do mar. Mais o mar, por culpa do quecemento do planeta, cada día medra uns centímetros grazas, en calquera caso, á acción humana.

Datos:

Corenta e seis portos son xestionados en España por vinte e oito Autoridades Portuarias que conforman a realidade económica do que sjgnifica para o Estado español o transporte marítimo do que se encargan, directa ou indirectamente, unha trintena de capitanías marítimas con 78 Distritos Marítimos. Todo esto, nos 5.978 quilómetros de costa, que dan clara resposta ao tentar falar do potencial marítimo español no que ten que ver co tráfico de mercadorías e pasaxeiros: preto de 600 millóns de toneladas e case que 20 millóns de pasaxeiros.

Nos portos de competencia autonómica é evidente o descenso na xestión de buques: arredor de 3.200 no ano que estamos a rematar, pouco máis do 1,5% nas operacións totais dos portos españois, se ben incrementan o número de GT atendidos. O tamaño medio dos buques despachados é menor que o dos buques que xestionan as Autoridades Portuarias debido, en boa medida, a que os portos autonómicos dispoñen, en xeral, dunhas infraestruturas menos aptas para xestionaren buques de gran porte.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.