O filme “20.000 especies de abellas” proxéctase no Elma no 5 de decembro

02 Decembro 2024

Na Pobra, o Teatro Cine Elma volverá converterse nunha sala de cine coa proxección dun novo filme dentro da programación cinematográfica deseñada pola Concellaría da Cultura para finais do 2024 e primeira metade do 2025. A este respecto, a edil Patricia Lojo, declara que “esta axenda centrada no celuloide pretende recuperar outra parte da esencia do Elma. Por iso, temos sete películas recentes e premiadas do ámbito galego, nacional e internacional.”

No xoves, 5 de decembro, ás 21.00 horas, toca asistir ao segundo convite á gran pantalla con 20.000 especies de abellas. Esta narra a historia de Cocó, unha nena trans na busca da súa identidade. A súa nai, sumida nunha crise profesional e sentimental, aproveitará as vacacións para viaxar cos seus tres fillos á casa materna, onde se crían abellas e se produce mel. Ese verán cambiará as vidas das mulleres de tres xeracións distintas.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.