“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

11 Decembro 2024

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, España acadou no recente Consello de Ministros da UE bos resultados no Atlántico e Mediterráneo, de xeito que asegura a viabilidade dos 570 barcos que faenan no Mediterráneo e, no Atlántico, tamén “bos resultados”: cóbrense as expectativas, dixo Planas, en base á obtención de “boas cotas” en especies de “grande interese nos mercados e de alto valor comercial que permitan a estabilidade da actividade pesqueira”. 

O Plan para o Atlántico  -que é o que lle interesa especialmente a Galicia-  aporta cifras “importantes” en especies coma o peixe sapo, xurelo e cigala, se ben non se especificaron as cantidades.

O ministro fala de “positivismo” nas negociacións da UE con Noruega e Reino Unido.

No Golfo de Cádiz mantense a cota de 32 toneladas de cigala. (Os barcos poderían rebordar con semellante cantidade).

Mantense a cota de 388 toneladas nas tres zonas de pesca de abadexo, o que para o ministro  é “unha excelente nova” (menos mal que non incrementa a cota porque, do contrario,  sería un desbarre).  

Na pescada sur “consolídanse” as 10.953 toneladas que se viñan pescando. Consolidar o que xa había é positivo, aínda que non se incremente nada. Polo tanto, estabilidade para a frota arrastreira: non se perde. pero tampouco gañas. Non se consola quen non  quer!.

Hai incrementos, si: no rapante (meiga), 732 toneladas; no peixe sapo sur, 625 toneladas; e en cigalas, pasamos de 12,4 a 25 toneladas (o nunca visto!). En bacallao ártico, España gaña 84 toneladas (menos é nada). E mantemos a cota de 106 toneladas de gallineta ártica. Mais o mecanismo de intercambio de posibilidades de pesca entre os Estados membros pode permitir que España se beneficie de parte desas cotas accesorias. Pode. E tamén se pode recuperar a cota de xurelo no acordo de pesca entre a Comunidade Europea e o Reino Unido nun 5% (máis de 10.000 toneladas) feito que leva ao ministro Planas a se sentir “moi satisfeito” porque “estas cantidades suporìan un importante alivio para as frotas do Cantábrico Noroeste, especialmente cerco, arrastre e gransoleira. Suben tamén as cotas de peixe sapo e ollomol, e a frota palangreira galega poderá beneficiarse do incremento de 572 toneladas que lle corresponden a España de peixe espada do Norte.

Son datos que emanan do Ministerio de Pesca español.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.