“O consumo de tabaco reduciuse, mais non se erradica” – Antón Luaces

05 Decembro 2024

O 2 de xaneiro do ano 2011, España pechou en boa medida un dos máis graves problemas sanitarios que afectaban á inmensa maioría da cidadanía: fumar en público ou en centros de reunión, traballo, etc. Este día de vai facer 14 anos, entrou en vigor a Lei 42/2010 que modificaba a Lei 28/2005, prohibindo fumar en todos os espazos públicos cerrados, incluindo os locais de hostalería. 

A conmoción foi absoluta, nun país de grandes fumadores.

As primeiras mostras de disconformidade chegaron de, amais os propios fumadores, os negocios que, coma os estancos, expendían -e expenden- todo tipo de elaborados do tabaco contribuíndo notablemente ao tabaquismo e a extensión do cancro pulmonar e de larinxe.

A mentada Lei foi algo así como se aos fumadores lles viñese enriba un ceo de chumbo. E apareceu o  vapeador, trebello electrónico que, reducindo a mortaldade dos seus usuarios e persoas que circundaban ao vapeador e/ou vapeadores, nin moito menos eliminaba o risco para a saúde de uns e outros. Diminuían, si, os casos de enfermidade; mais non  a eliminou. 

Consecuencia ou non deste feito, as autoridades sanitarias fixeron fincapé na obriga de reducir moito máis aínda o consumo de tabaco e o de adminículos de/para vapear porque, acadada esa mínima redución evidente, non era -é- menos certo que o tabaco mata e, malia este aserto o tabaquismo está presente nas vidas de practicamente todas as familias. Co engadido de que cada vez son máis as mulleres fumadoras e que, á vista está, os xoves fumadores non van  moi a menos aínda tendo en conta o que significa para as súas sempre minguadas economías a aplicación polo Goberno de novos impostos ou incrementar aqueles que xa estaban vixentes. 

As políticas de control do tabaco en España afectan fundamentalmente ao  manufacturado: antes da entrada en vigor das leis antitabaco en España, vendíanse aquí perto de 5.000 millóns de paquetes de tabaco, e hoxe en día non se supera os 2.000 millóns, o que representa un descenso de máis do 60% nas vendas de pitillos. Tamén é certo que se incrementou a venda de tabaco de liar, o que motiva que distintas organizacións reclamen a revisión das políticas reguladoras dos impostos do tabaco para evitar que o consumo deste sexa refuxio fiscal para menores e adultos que queren deixalo.   

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.