O concerto de O Son do Pote e do alumnado da UNED Sénior A Coruña encheu o auditorio da Casa da Cultura de Lousame

30 Decembro 2024

O auditorio da Casa da Cultura de Lousame quedou pequeno para acoller o concerto que a agrupación O Son do Pote e o alumnado lousamiá da UNED Sénior A Coruña ofreceron o pasado venres 27 de decembro. Unha actuación na que quedou de manifesto o incremento no número de integrantes destas dúas formacións nos últimos anos, ata o punto de non colleren sobre o escenario lousamiá.

Os corenta integrantes destas dúas formacións, que comezaron sendo unha ducia, ocuparon tamén a primeira fila do auditorio, ofrecendo un concerto no que interpretaron as súas tradicionais pezas folclóricas, acompañadas dalgunha que outra panxoliña propia destas datas. Ao acto asistiron a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Protección Civil, Jose Antonio Ces.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.