O Concello de Ribeira solicita melloras para a seguridade viaria na entrada da AG-11 e na estrada AC-305

18 Decembro 2024


O Concello de Ribeira, remitiu unha solicitude formal á Consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para abordar dous problemas de seguridade viaria prioritarios que afectan ao municipio como é a iluminación da entrada á autovía AG-11 e, tamén, a creación dun paso de peóns na AC-305 así como medidas de calmado de tráfico.

O alcalde, Luís Pérez Barral, informou que “estanse constando queixas e preocupación pola falta de iluminación nos puntos de entrada da autovía da
Barbanza (AG-11) á altura de Ribeira, que permanecen apagados desde hai tempo, e esta deficiencia incrementa o risco de accidentes, especialmente
durante as horas nocturnas ou en condicións meteorolóxicas adversas, poñendo en perigo a seguridade dos usuarios e usuarias desa infraestrutura”.

En segundo lugar, o Concello solicita a habilitación dun paso de peóns na estrada AC-305, entre os puntos quilométricos 32,2 e 32,3 que é onde está o
novo paseo que dá acceso a Coroso e discorre pola parte traseira da Escola Náutico-Pesqueira. Segundo Pérez Barral, este tramo é frecuentado por
viandantes pero carece dunha solución segura para cruzar a estrada, representando un risco potencial de atropelos.

Ambas as actuacións son consideradas “imprescindíbeis” polo Goberno de Ribeira para garantir a seguridade e o benestar da veciñanza e dos visitantes que transitan por estas infraestruturas. O alcalde subliñou que “estas medidas non só mellorarían a percepción de seguridade de condutores e peóns, senón que contribuirían a garantir unha mobilidade e acceso seguros ás infraestruturas”.

O Concello confía en que a Consellería adopte medidas efectivas para solucionar estas problemáticas, reafirmando o compromiso cunhas
infraestruturas máis seguras e accesíbeis.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.