O Concello de Ribeira realiza melloras no colexio O Grupo habilitando novas aulas nas antigas dependencias da Policía Nacional

17 Decembro 2024


O Concello de Ribeira vén de dar novos avances no mantemento dos colexios do municipio e, en concreto, rematou os traballos para habilitar un aula no baixo das antigas dependencias da comisaría de Policía Nacional. Segundo informaron as concellarías de Educación e Obras, a rehabilitación
fíxose grazas ao traballo da brigada de obras que foi a encargada de realizar as tarefas de tirar tabiques, facer uns novos, colocar portas novas, fechaduras, porta antipánico, chan laminado en WPC, encerado, instalación de encerado electrónico e proxector, zócalo e instalación de retretes infantís.

O Concello explicou que o Grupo é o colexio con maior número de nenos e nenas matriculados do municipio, cun total de 402. No edificio anexo de infantil estase a preparar a instalación dun ascensor e afectará a dúas aulas polo que se terá que trasladar a actividade docente ás aulas habilitadas nas antigas dependencias da Policía Nacional que veñen de ser renovadas polo Concello de Ribeira. Tamén xa está licitado o cambio de cuberta na antiga comisaría que permita evitar as humidades e filtracións de auga ao tempo que se garante a eficiencia enerxética.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.