Paralizada en Palmeira a instalación dunha antena de telefonía

10 Decembro 2024

A instalación dunha antena de telefonía móbil de 43 metros de altura en Palmeira desatou a preocupación veciñal nesta parroquia de Ribeira. Segundo fixo saber o Concello, trátase dunha obra “que non ten todos os permisos sectoriais requiridos, incluídos os de Industria”. Por este por outros motivos suscitou preocupación e rexeitamento por parte da poboación residente, que teme as consecuencias para a súa calidade de vida e o impacto visual da infraestrutura na súa contorna.

Ante o inicio dos traballos a veciñanza informou da situación ao Goberno, que ordenou paralizar a instalación da infraestrutura este luns 9 de decembro, exercendo a súa responsabilidade para garantir que as actuacións se axusten á normativa vixente.

A maiores, este martes 10 de decembro o alcalde, Luís Pérez Barral, acompañado por concelleiros e concelleiras do Goberno local, visitou a zona afectada para escoitar de primeira man as preocupacións dos veciños e veciñas. Durante a visita, o rexedor explicou polo miúdo explicou os aspectos técnicos da obra e mostrou o apoio á demanda veciñal de trasladar a antena a outro emprazamento que “cause un menor impacto nas vivendas próximas”.

Ademais, informou os presentes das conservas mantidas coa empresa encargada da construción da antena para abrir unhas negociacións co obxectivo de acordar un cambio na localización da infraestrutura. Neste sentido a empresa comprometeuse co alcalde a non iniciar as obras até que non se vexan alternativas á localización proposta. Por isto, dende o Concello animan á cidadanía para colaborar coa Administración local identificando parcelas alternativas na contorna, pero lonxe das vivendas, que poidan acoller a antena sen prexudicar aos residentes.

O alcalde destacou que o Concello “entende a importancia de mellorar a conectividade na zona”, pero subliñou que “isto debe facerse respectando os dereitos da veciñanza e cumprindo estritamente cos procedementos administrativos”. E engadiu: “A nosa prioridade é atopar unha solución equilibrada que evite problemas innecesarios a quen reside nesta área”, afirmou. Pérez Barral asegurou que van defender os dereitos da poboación por “todas as vías que sexan necesarias”.

Pola súa banda, os veciños e veciñas valoraron a disposición do Goberno local para mediar no conflito, aínda que insistiron no seu desexo de que a antena sexa instalada nun lugar que non afecte directamente as vivendas.

O Concello comprometeuse a proseguir traballando nas vindeiras semanas para identificar posíbeis alternativas de localización e manter informada á poboación da zona sobre os avances nas negociacións coa empresa responsábel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.