O Concello de Muros conta cun novo Punto Limpo Móbil

04 Decembro 2024

O Concello de Muros presentou este martes 3 de decembro un novo recurso para favorecer o tratamento sustentábel de refugallos: un Punto Limpo Móbil que permitirá reforzar o servizo itinerante de recollida de residuos xa existente. Esta adquisición para a área municipal de Medio Ambiente financiouse con fondos Next Generation da UE.

O vehículo co Punto Limpo Móbil é un remolque eléctrico 100% e con certificado de 0 emisións.

“Traballamos a diario por un Muros sostíbel, un obxectivo para o que é necesario reciclar de forma correcta”, explicou a alcaldesa, María Lago, na presentación, engadindo que “o servizo percorrerá todo o concello” facilitando a veciñanza o correcto tratamento dos aveños que xa non precisen ou que xa non estean operativos.

Ademais, pode ser utilizado de forma independente e, polo seu tamaño reducido, pode acceder a zonas e rúas estreitas do concello.

Este colector itinerante permite a recollida de: pequenos electrodomésticos, fluorescentes, pilas e baterías, teléfonos móbiles e material informático, CDs e DVDs, radiografías, ferramentas electrónicas e utensilios de metal; envases de pintura, disolventes e aerosois; tintas e tóner de impresoras, produtos fitosanitarios e pequenos xoguetes e cápsulas de café de plástico ou aluminio. O servizo non inclúe a recollida de voluminosos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.