O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público en Dodro

10 Decembro 2024

O BNG lanzou un comunicado no que esixe á Xunta “a mellora urxente do transporte público de Dodro coa ampliación de liñas e máis bonificacións, en especial para a mocidade”. A agrupación demanda ao Goberno galego que cumpra os contidos da iniciativa do BNG de Dodro aprobada en sesión plenaria por maioría e que recolle, entre outras cousas, ampliar a frecuencia de autobuses entre Dodro e Padrón. A iniciativa, rexistrada no Parlamento Galego, é unha acción máis da campaña que está a desenvolver o BNG de Dodro para a urxente mellora do transporte público, imprescindíbel, ao seu ver, “para a dinamización social e económica do concello e para frear a marcha de poboación a entornos urbanos da comarca”.

O grupo parlamentario do BNG, a través da deputada adscrita á comarca, Iria Carreira, esixirá á Xunta que cumpra cos contidos da iniciativa nacionalista aprobada por maioría no pleno de Dodro do pasado mes de setembro. Na iniciativa, o BNG denuncia en especial “a falta de comunicación con Padrón, nunha liña que non ten autobuses no horario de 8:00 horas por Dodro e ás 14: 30 desde Padrón, o que dificulta o acceso a centros de ensino, saúde ou postos de traballo”. O BNG de Dodro reclama polo tanto crear liñas regulares diarias que pasen por Dodro- Lestrobe- Padrón sobre as 8:00 hs e outra liña Padrón – Lestrobe – Dodro sobre as 14:30. A iniciativa tamén abrangue medidas sociais como a bonificación para a mocidade, ligadas ao Carné Xove, para as persoas que excedan a idade máxima da Tarxeta Xente Nova e gratuidade no transporte público para estudantes, ademais da unificación de tarifas no concello para evitar as discriminacións.

Estas demandas do BNG son tamén reflexo das reivindicacións das veciños e veciñas, que asinaron unha solicitude para que se cumpra o plan de melloras presentado. “A recollida de sinaturas demostra o apoio social que existe a estas medidas xa que a mellora do transporte público para a veciñanza de Dodro é unha urxencia se non queremos que o concello esmoreza”, sinalou o concelleiro Xoán Bautista Mariño que lamentou tamén que, a tal altura, “nin o Goberno municipal nin a Xunta atendera ás reclamacións que se producen desde hai anos”. Engadiu que no BNG seguiremos insistindo até que consigamos un transporte público de calidade, que permita que as veciñas e veciños podan desenvolver a súa actividade vivindo en Dodro”.

Pola súa parte, a deputada do BNG, Iria Carreira, comprometeuse a defender no Parlamento as demandas da localidade para que Dodro poda ter unha comunicación fluída con outros concellos, en especial, con Padrón, con quen mantén especial relación súa poboación. “Infelizmente, o problema do transporte ten varios focos de atención na comarca que precisa máis liñas e frecuencias para responder ás necesidades da veciñanza, e en Dodro esta situación afecta de maneira especial co cal reclamarémoslle á Xunta que poña fin a esta situación de maneira urxente”, afirmou a deputada.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...