Muros celebra a súa I Gala do Deporte, “unha festa e un recoñecemento a clubs e deportistas locais”

21 Decembro 2024

O Auditorio do Centro Cultural de Muros colleu esta tarde a I Gala do Deporte do Concello de Muros, un acto emotivo e festivo ás portas do Nadal para recoñecer o traballo de clubs, deportistas e persoas vencelladas ao deporte local.
“O deporte muradán é envexa en toda a comarca, desde as categorías base que manteñen o espírito de equipo e promoven un estilo de vida saudable, ata a elite deportiva en competicións a nivel europeo ou mundial”, asegurou na súa intervención a alcaldesa de Muros, María Lago.
“Tiñamos moita ilusión posta neste evento e esperamos que perdure no tempo despois do éxito desta tarde”, apuntou pola súa parte o concelleiro de
Deportes, Damián Torea, que agradeceu “o esforzo diario dos clubs e deportistas, e o traballo dos técnicos que fixeron posible esta gala”.
O xurado elixiu mellor deportista feminina do ano a Soraya Hermida Piñeiro (pesca submarina) e o mellor deportista masculino é Adrián Fernández Lago.
A mellor promesa feminina é Daniela Rama Figueiras (atletismo/duatlón/triatlón) e a mellor promesa masculina Pablo Lestón Uhía (atletismo/duatlón/triatlon). O mellor club deportivo é a SCRD Esteirana de remo e o mellor evento deportivo a Trail Cova Da Bruxa.
O premio especial da veciñanza foi para Adrián Fernández Lago (grappling/Jiu Jitsu) e o recoñecemento especial do Concello de Muros para Adelino
Fernández Tajes. Houbo tamén tres mencións especiais para José Mayo Caamaño, Carmen Caamaño Caamaño e Recesvinto Tajes Sendón.

A mellor deportista feminina do 2024 é Soraya Hermida Piñeiro e o mellor deportista masculino Adrián Fernández Lago
—“O deporte muradán é envexa en toda a comarca”, asegurou a alcaldesa de Muros, María Lago
—O mellor club deportivo é a SCRD Esteirana e o mellor evento deportivo o Trail Cova Da Bruxa
—-Adrián Fernández Lago, José Mayo Caamaño, Carmen Caamaño Caamaño, Recesvinto Tajes Sendón e Adelino Fernández Tajes recibiron recoñecementos e mencións especiais

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.