San Silvestre, fin de ano, continuaremos na influencia das altas presións, polo que se agarda unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais. As temperaturas non terán cambios significativos movendose entre os 4 e os 14 graos. O vento soprará frouxo de compoñente sur.

Mérxores 1, Aninovo San Manuel, sen cambios no tempo ainda que empeza a aumentar a nubosidade cara a tarde e suben lixeiramente as temperaturas. Anuncia a chagada de choiva a partir do xoves. O vento soprará do suroeste, moderado en terra, forte no litoral entre Bares e Fisterra.
O noso mar: Vento do sueste á mañá e á noite e do sur á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 1 a 2 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



