Máis de sesenta persoas gozaron da Festa de Nadal do Centro de Día de Lousame

30 Decembro 2024

Máis de sesenta persoas, entre maiores, familiares e músicos, participaron na tarde do venres 27 de decembro na tradicional Festa de Nadal no Centro de Día de Lousame. A festa celebrouse entre as 17:00 e as 19:30 horas e contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, que amosou a súa satisfacción “pola activa participación dos nosos maiores na celebración, non só bailando e cantando as distintas pezas, senón compartindo experiencias durante a festa”.

Se hai unhas semanas a música correu da man de O Son do Pote, a festa do pasado venres contou coa actuación da Banda de Música de Lousame, cuxos membros interpretaron diversas pezas, sobre todo panxoliñas tradicionais propias destas datas. Así mesmo, tanto as persoas residentes como as visitantes deron boa conta dos produtos típicos do Nadal dispostos no centro de día, decorado con motivos de inverno coas creatividades realizadas polos propios usuarios do centro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.