Luns 30, sen cambios no tempo e nas temperaturas

29 Decembro 2024

Predominarán as altas presións con certa inestabilidade atmosférica

Galicia manterá hoxe o predominio das altas presións, combinado con aire frío en altura que provocará certa inestabilidade na atmosfera. Agárdanse máis nubes canto máis ao oeste da comunidade, onde non se descarta a posibilidade dalgún chuvasco feble.

A xornada comezará con néboas nos vales, que irán disipándose ao longo da mañá. Pola tarde, as zonas do leste experimentarán unha tendencia á apertura de claros.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas non presentarán cambios significativos respecto dos días anteriores. O vento soprará frouxo e de dirección variable, con predominio da compoñente sur.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do sur á tarde e do leste á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.