Luns 16, continua o tempo estable sen cambios na temperatura

15 Decembro 2024

Galicia manterase o luns baixo os efectos dun sistema anticiclónico, o que favorecerá unha xornada de ceos despexados. Agárdase a presenza de nubes de tipo medio e alto, aínda que estas non dificultarán o paso do sol.

As temperaturas experimentarán poucas variacións respecto aos días anteriores, mantendo unha tendencia estable. En canto ao vento, soprará frouxo de compoñente sur, aínda que se intensificará ao final do día, alcanzando intervalos de moderado a forte en mar aberto, especialmente na zona entre Louro e Fisterra.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sueste á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 4 a 6 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e sudoeste á noite, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.