Lembranza aos afectados pola dina na ofrenda de Translación dos restos do Apóstolo Santiago

30 Decembro 2024

Miguel Santalices pide a intercesión do Apóstolo Santiago polos máis vulnerables na tradicional ofrenda de Translacióne o arcebispo pide “alzar a voz sen medo” polos que sofren.

O Barbanza

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, exerceu este luns como delegado rexio na tradicional ofrenda de Translación dos restos do Apóstolo Santiago. Durante o acto, celebrado na Catedral compostelá, Santalices pronunciou unha extensa intervención en galego e castelán, na que solicitou a intercesión do patrón de España polos que sofren violencia, as vítimas das guerras, os desfavorecidos e os damnificados pola DINA, ademais de subliñar o “deber moral” dos gobernantes de garantir a igualdade cidadá e establecer un sistema de financiamento “que priorice as persoas por riba dos territorios”.

Na súa intervención, Santalices destacou a traxedia provocada pola DINA, “unha catástrofe natural que deixou vidas afogadas e fogares arrasados”, e expresou o seu agradecemento aos voluntarios e membros de emerxencias que acudiron a auxiliar ás vítimas. Ademais, lamentou o impacto das guerras no mundo, como as de Ucraína e Oriente Medio, subliñando que “a paz convértese, por desgraza, nunha utopía”. Tamén pediu a erradicación da violencia de xénero, cualificándoa de “repugnante e devastadora”, e pediu paz nos fogares e nas familias.

O presidente tamén rogou saúde para os enfermos, apoio para a emigración galega e intercesión para o papa Francisco, o rei Felipe VI e o ben común. Santalices fixo fincapé na necesidade de poñer ás persoas no centro das políticas públicas e de traballar pola xustiza e igualdade social.

O arcebispo pide “alzar a voz sen medo” polos que sofren

Durante a homilía do acto, o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, instou os fieis a “alzar a voz sen medo en defensa de quen está sufrindo”. En especial, destacou a urxencia de acoller e integrar a migrantes e refuxiados, criticando o seu uso como “arma política”. Lembrou tamén aos damnificados pola DINA e alertou sobre problemas sociais como as adiccións, a falta de vivenda digna e as consecuencias das guerras.

Monseñor Prieto concluíu pedindo a intercesión do Apóstolo para erradicar a violencia contra nenos e mulleres, así como para avanzar cara á paz e a xustiza en todo o mundo.

O Barbanza

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.